Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha praza lembrará a Ignacio Pensado

Unha praza lembrará a Ignacio Pensado
A nova praza de Santa Comba levará a nome de Ignacio Pensado Plágaro desde o vindeiro sábado. Ese día descubrirase unha placa nesta praza da zona do antigo mercado ás 13h, e posteriormente haberá un acto oficial na Casa do Pozo, onde intervirá a alcaldesa María Pose, entre outras persoas. Deste xeito cúmprese un acordo da corporación local que dou resposta a unha demanda veciñal. Ignacio Pensado Plágaro faleceu fai unha década (en abril de 2008) e destacou polo seu traballo na Irmandande de Labradores, e na Axencia de Extensión Agraria xalleira. De feito recibiu, en vida, unha homenaxe popular en Santa Comba a que asistiron varios centos de veciños. Anos despois do seu pasamento máis de 2.200 persoas asinaron a petición dun recoñecemento. Pensado tamén formou parte da corporación municipal de Santa Comba e colaborou activamente con distintas entidades deportivas e sociais

Comentarios