Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Santa Comba abre un programa de Atención á infancia na rede

Atencion as familias em Santa Comba
Santa Comba abre un programa de Atención á infancia na rede

Novo servizo que ofrecen os Servizos Sociais do Concello de Santa Comba para as famiiias, tendo en conta os cambios neste tempo de pandemia singular, que poden producir alteracións psicolóxicas significativas tanto nos nenos/as como nas propias familias.

O Concello abre así un servizo de orientación familiar, para tratar de analizar trastornos como problemas de conduta, ansiedade, dificultades para durmir (trastornos do sono), queixas somáticas, preocupación por familiares, fobia escolar, ansiedade de separación, etc.

Poden consultar no 663 729 490 ou en [email protected].

Comentarios