Mércores. 29.01.2020
El tiempo

Santa Comba comeza sendos cursos de manexo de móbil e escaparatismo

Santa Comba comeza sendos cursos de manexo de móbil e escaparatismo

Novos cursos no Concello de SAnta Comba. Este mesmo mércores 15 de xaneiro comeza un dos imprescindibles cursos de manexo de móbil para dultos e maiores, que se desenvolverá na activa CeMIT xalleira ata o 24 de mes de 10:00h a 12:00h.

Ademais, os días 21, 23, 28 e 30 de xaneiro e o 4 de febreiro desenvolverase outra acción formativa enfocada ao comercio. Trátase dun Curso de Escaparatismo, na sé da Asociación de Empresarios, en horario adecuado para os comerciantes, de 20:30h a 22:30h. Poden inscribirse nos 981 818 604 ou en [email protected]

Concerto Solidario

O Auditorio de Santa Comba acolle este sábado 18 de xaneiro ás 21:00h un Concerto Solidario de Canción de Bos Aires, en beneficio de Cáritas. Cómpre levar alimentos perecedeiros.

Teatro en Santa Comba

ITV

O Concello informa de que ademais a ITV móbil estará os días 20, 21, 22, 23, 24 e 27 de xaneiro no recinto feiral de Santa Comba, de 9:00h a 13:30h e de 15:15 a 18:00h. Para reservar cita previa podes chamar ao 902309000 ou na web sycity.com.

Comentarios