Luns. 18.11.2019
El tiempo

Santa Comba ponse o traxe de pesca

Presentación do Congreso de Periodipesca de Santa Comba
Presentación do Congreso de Periodipesca de Santa Comba
Santa Comba ponse o traxe de pesca
Congreso Periodipesca 2019 en Santa Comba

En marcha o o XXVII congreso de xornalismo especializado en caza, pesca, medio ambiente, turismo rural e aventura ”Periodipesca 2019”, que se celebra, do 16 ao 20 de maio en Santa Comba. De feito, o congreso foi presentado este mércores nunha rolda de prensa na que participou a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, o presidente da asociación Periodipesca, Luis Macías, e a “madriña de honra” Michelle Rodríguez.

Macías agradeceu o apoio da Xunta e do Concello de Santa Comba para poder organizar esta congreso. Pola súa banda a alcaldesa, María Pose, incidiu no interese do seu equipo de goberno por promocionar os recursos turísticos e agarda que “Periodipesca 2019” sexa un bo escaparate para Santa Comba.

Este mesmo xoves o multiusos de Santa Comba acolle a primeira xornada, coa asamblea xeral da asociación Periodipesca. Ás 19,00h será a inauguración oficial a cargo das autoridades, o nomeamento de Michelle Rodríguez Oreiro como “madriña de honra” do evento, e a proxección dun documental sobre Santa Comba. Ademais, o historiador Manuel Vilar ofrecerá o primeiro relatorio das xornadas, e falará sobre o “Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía: olvido secular, recuperación e perigos do éxito”.

Serán máis dun cententar os profesionais que pasen esta fin de semana na capital xalleira, participando nas charlas, nas saídas

Novas relacionadas

Comentarios