Xoves. 21.03.2019
El tiempo

Santa Comba reabrirá o seu punto de información turística gracias ao novo Obradoiro de Emprego

A alcaldesa María Pose na presentación da apertura da Oficina de Información Turística de Santa Comba
A alcaldesa María Pose na presentación da apertura da Oficina de Información Turística de Santa Comba
Santa Comba reabrirá o seu punto de información turística gracias ao novo Obradoiro de Emprego

Despois do éxito do Obradoiro do ano pasado, o Concello de Santa Comba volve reabrir o punto de atención turística. A reapertura oficial será o vindeiro 11 de marzo en horario de 11,30 ata as 14h, grazas aos alumnos da escola obradoiro “Xallas- Barcala-Dubra IV” integrada polos concellos de Santa Comba, Negreira, A Baña e Val do Dubra.

O servizo estará operativo na Casa do Pozo onde se ofrecerá información ás persoas interesadas e tamén se organizarán visitas guiadas.

No acto de presentación, a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, destacou a necesidade de dar a coñecer o “importante patrimonio natural e cultural de Santa Comba”, desde un punto de referencia como son as instalacións do Museo Terra de Xallas. Os alumnos deste obradoiro tamén preparan unha sección na programación de Radio Xallas.

Grupo do Obraodoiro de Emprego de Turismo de Santa Comba

Novas relacionadas

Comentarios