Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Santa Comba repartirá 212.000 do PEL-Reactiva entre autónom@s e microempresas

Presentación PEL-Reactiva
Imaxe do presidente da Deputación durante a presentación do Plan de Emprego Local PEL-Reactiva
Santa Comba repartirá 212.000 do PEL-Reactiva entre autónom@s e microempresas

Continúan os Concellos da volta informando das contías que poderán aportar para que microempresas e autónom@s poidan paliar esta crise derivada da pandemia a través do Plan PEL-Reactiva da Deputación da Coruña. Un Plan financiado nun 80% pola entidade provincial, que pretende “contribuír a reactivación económica de moitas familias tanto as que teñen microempresas como as autónomas con ou sen empregados ao seu cargo”.

Por exemplo Concello de Muxía repartirá 75.000; Vimianzo destinará 160.000, Ponteceso fará o propio con 108.000€, ou Carballo, que gracias á súa poboación pode aportar case 700.000€.

Os fondos que lle corresponden a Sta. Comba ascenden a cantidade de 212.078,52€ dos que o concello de Santa Comba achega o 20% dos mesmos.

O destino dos fondos está en todo o relacionado con gastos de adaptación e adecuación dos negocios que foron afectados pola pandemia do coronavirus. O período subvencionable vai do 1 de marzo ate o 31 de decembro de 2020.

Segundo afirma o alcalde, “este é un plan que vai directamente as persoas e familias afectadas desta crise sanitaria pero neste caso no aspecto económico. Dende o concello estamos a disposición de todos os negocios afectados para axudar en todo o que estea nas nosas competencias e na disposición económica orzamentaria”.

Comentarios