Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Santa Comba saca o orgullo polos seus maiores

1300 persoas na Festa dos Maiores de Santa Comba
1300 persoas na Festa dos Maiores de Santa Comba
Santa Comba saca o orgullo polos seus maiores

Son estas festas dos maiores a clara demostración do proceso de envellecemento que está sufrindo o noso país. Sempre por estas datas, o Concello de Santa celebra a súa anual Festa dos Maiores. Desta volta foron unhas 1.300 persoas as que se achegaron este sábado ao recinto feiral de Santa Comba.

A xornada comezou cunha misa oficiada polo párroco Eduardo Prado, o cura que cambiou a Igrexa xalleira, amenizada pola coral parroquial.

Posteriormente houbo unha rolda de intervencións protagonizadas pola Conselleira de Política Social, Fabiola García, a alcaldesa de Santa Comba, María Pose e pola concelleira de Servizos Sociais, Esther Espasandín, que estiveron acompañadas por membros da corporación e polo alcalde do concello da Baña. A alcaldesa destacou o orgullo que sinte polos seus maiores

Despois chegou o xantar composto por empanada, polbo, carne ao caldeiro e postre. E non faltou a actuación do dúo Élite para promover un baile que estivo moi animado.

A alcaldesa Maria Pose cos maiores de Santa Comba

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios