Luns. 18.11.2019
El tiempo

Santa Comba vólcase cos seus Anacos de vida

Santa Comba vólcase cos seus Anacos de vida

Igual que fixo Muxía, Santa Comba, da man de Arraianos Producións vai acoller o vindeiro xoves 31 de outubro, ás 20:30h, a pre-estrea do programa Anacos de Vida que emitirá a TVG, e no que, neste programa adicado a Santa Comba e á súa memoria, participaron nenos e nenas e maiores desta Terra do Xallas.

"Anacos de Vida" viaxa por Galicia na procura das pequenas e grandes historias que están detrás de fotos antigas. Esas historias que son parte das nosas raíces, das de Galicia, e, por suposto, das de Santa Comba.
En cada capítulo do programa interactúan os maiores e os novos de cada localidade, animados por dous presentadores que chegan desde o pasado nunha virtual "máquina do tempo". Cada programa é unha emocionante viaxe no tempo a través de imaxes e de tres historias de personaxes locais.

O inmenso traballo para a realización deste programa foi fosible grazas á implicación dos centros educativos, dos profesionais da productora e da colaboración dos servizos de arquivo municipal, que, todos xuntos e da man, completaron un traballo magnífico, que se podererá disfrutar en "premiere" o xoves 31, horas antes de que o emita a TVG. A entrada ao Auditorio será totalmente libre e de balde ata completar o aforo.

Este evento é un punto de partida para a consecución dun ambicioso proxecto de Recuperación da Memoria material e inmaterial do Concello de Santa Comba, que se está diseñando e se presentará en breve, para abrir á colaboración a toda a veciñanza.

Comentarios