Todos fomos ese neno labrego de Neira Vilas
22:16 31/01/16
Homenaxe a Neira Vilas en Ponteceso-Fotos-Oscar de Souto
Cando facer o amor era un ritual, cada mañán, mentres o merlo era o despertador desta terra verdescente, labrega e gandeira, mariñeira e amante do fol e da gaita, amante do tambor e do bombo, da muiñeira e, como non, desas nosas grandes feiras… Lembrando o noso pasado próximo… Euen non foi ese neno/a labrego/a de Neira Vilas?
Con mares de ardora no alento redactamos poemas salgados e pintamos verdes e prados e lares, endexamáis pintados…. como derradeiros gladiadores do verso…… con ese toque excelso, axeitado para especialistas no manexo experto da lingua, poemas exactos e perfectos, para esas élites da escrita,….. pétrea noite. Mais foi xente moi humilde, como Neira Vilas ou Manuel María, escritores e tropos que procuraron atopar ese respeto popular ardendo como un sol de verán. Cando a linguaxe é aquela carta redactada, no abecedario de tódolos días, onde a nosa xente atopa respostas entre as liñas, ou novas preguntas, camiños de toxos e silvas que pisan mentras descubren novos montes entre as letras. Esa foi a sinxela clave de obras inmortais para iniciar a ese lector que desbroza unha nova selva inóspita, onde algúns, quedamos xa a vivir …..para sempre.
E lembrando hoxe, domingo 31 de xaneiro de 2016, ese nacemento de Castelao, tamén queremos honrar na Casa da Cultura do Concello de Ponteceso, como pequena despedida o narrador pontevedrés Xosé Neira Vilas, nun día marcado sempre pola medra da luz e dos días neste novo ciclo solar recén nacido que resucita en novas voces e novas letras por estes montes ateigados de leña e fouciño e novas terras en barbeito que debemos plantar e retrobar para que todo viva alén da morte, como se este soño e este conto fosen xa un conto e un soño de todos e cada un de nós.
Deica sempre, socio !!!
Medre a nosa lingua vella e que medre ceibe e libertada.
Obscenidade, sexo e poesía.
- Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.
Outros artigos de Óscar de Souto
- Unha de cal e unha de area.
- O Raio Vermello de Dombate.
- #12do12ás12: Galicia…. en pé de guerra.
- Con Laxe no punto de mira.
- Esta nosa Costa do Solpor.
- Brúan as vacas en Fisterra.
- A maxia dos sons ocultos.
- Carta aos amigos da radio libre.
- A puta conciencia.
- O rescate das gafas vermellas.
- Os Emperadores do mundo.
- Turismo de cantimplora.
- Os lobos feroces.
- En Laxe… os meniños escoitan cisnes.
- O Día das Letras… sen letras.
- Agora que as nosas casas son as casas do mar.
- Sen corpo para festas.
- Os timadores da bombona.
- Porcos e pienso.
- Alén dos nosos mares atlánticos.
- Con rumbo a porto esperanza.
- Crónica dunha morte anunciada.
- De vacacións a Suiza.
- Os laboratorios do verso.
- As nosas Rosalías.
- Esa amante secreta de Eduardo Pondal.
- O Dolmen de Dombate e o raio vermello do Solsticio de inverno.
- A envexa dos anxos e das prumas.
- Antón Borrazás, apagouse a túa luz.
- A cousa de Dombate… a debate.
Novas relacionadas
- Nova poesía para as ondas de radiONeria e Radio Roncudo con Óscar de Souto.
- Cabaneses que espallan cultura.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).