Venres. 29.03.2024
El tiempo

A xalleira Isabel Blanco, galardoada co XXXV Celanova, Casa dos Poetas

Isabel Blanco na ultima gala dos Mestre Mateo
Isabel Blanco na última gala dos Mestre Mateo
A xalleira Isabel Blanco, galardoada co XXXV Celanova, Casa dos Poetas

”O seu compromiso vital con Galicia a través dunha impecable traxectoria profesional no ámbito do cine e a televisión non só en Galicia senón no resto do Estado, contribuíndo así, coa súa actitude positivista e afable, a cultivar unha visión amable da sociedade galega, tanto do aquén coma do alén das nosas fronteiras culturais e emocionais”.

Estes son os motivos, polos que o xurado da Fundación Curros Enríquez resolveu concederlle o XXXV Premio “Celanova, Casa dos Poetas” á actriz Isabel Blanco.

A xalleira (nada en Suiza) recibe un novo premio, poucos días despois de quedar ás portas dun novo premio Mestre Mateo. Blanco chegou a ser finalista dos premios do audiovisual galego agora xa, despois do paso dado na súa carreira, á Mellor Realización por “Pasaporte Galego”.

Unha traxectoria infinita

O xurado lembra a súa traxectoria, dende a súa emerxencia inicial como presentadora na Televisión Galega a mediados dos anos 90, á súa eclosión na arte da interpretación televisiva na recordada serie “Mares Vivas”, acompañando ó tamén Premio “Celanova Casa dos Poetas”, Luís Tosar. E valora que teña sabido “representar dun xeito moi persoal, os principais valores da nosa sociedade como pobo, modesto e humilde, pero consecuentemente preparado para poder andar polo mundo orgullosos de sermos quen somos”.

Un dos puntos claves deste premio é a súa participación naquela película tan emotiva e que tan ben retratou a emigración dos anos 60 e 70 a Europa, “Un franco, 14 pesetas”, pero sobre todo, o seu últimos proxecto profesional “Pasaporte galego”, emitido nos últimos meses na Televisión Galega, no cal nos deu a coñecer dende unha visión completamente emocional ata onde son capaces de chegar os fíos que non se ven e que manteñen de por vida ós galegos ligados á terra.

Novas relacionadas

Comentarios