Venres. 05.06.2020
El tiempo

As 10 propostas do BNG de Vimianzo para paliar a crise sanitaria e socio-económica

As 10 propostas do BNG de Vimianzo para paliar a crise sanitaria e socio-económica
Respalda o BNG de Vimianzo as medidas que está a desenvolver o Concello de Vimianzo fronte a COVID-19, para conter a propagación da enfermidade, e mitigar os danos que provoca a crise na saúde e na economía da veciñanza.

Pero, ademais de poñer a disposición municipal “a capacidade humana e profesional do grupo para o que sexa necesario”, e trasladas unhas propostas específicas que, xunto ás rexistradas o 2 de abril de 2020 desde o grupo comarcal, de máis amplo espectro, agardan que sexan de utilidade para o goberno municipal:

Propoñen así que os Plenos municipais sexan telemáticos.

Propoñen tamén a creación dunha Comisión de seguimento multisectorial, para analizar a crise sanitaria en curso e a crise socio-económica que virá. De que soliciten unha Comisión na que haia membros do sector sanitario e asistencial (por exemplo desde o Centro de Saúde de Vimianzo) ou mesmo do terceiro sector (Cruz Vermella de Soneira).

Propoñen ademais manter a supervisión de establecementos, aconsellando sobre medidas de prevención e ofrecendo apoio.

Poñen o foco na residencia de maiores, o Xeriátrico DomusVi, que hoxe pertence a un “holding” estranxeiro. Lembran que o Defensor do Paciente pediulle á Fiscalía de Galicia que investigue a situación das residencias, e o goberno galego viuse obrigado a intervir as residencias DomusVi de Cangas y Vigo (as máis afectadas por coronavirus, entre persoal e usuarias). Por iso consideran que Vimianzo ten que reclamarlle á Consellería de Política Social que controle tamén a residencia DomusVi de Vimianzo antes de que se produza o primeiro contaxio, e que forneza os equipos de protección de que dispón.

Tamén propoñen a defensa da produción primaria ante a imposibilidade de venda, e propoñen crear unha liña segura de mercado directo entre a produción primaria e a tenda/consumidora final, mediante listaxe popularizada de contactos de produtoras ou desde o propio Concello aproveitando a rede do existente servizo de entrega a domicilio.

Así mesmo piden a creación dunha serie de accións de Formación online e un Servizo de mediación sobre alugueiro entre particulares, que se pode engadir ás boas medidas das axudas directas do comedor escolar, a suspensión de tributos e o citado servizo de entrega a domicilio.

Dende o BNG vimiancés tamén consideran importante Apoio ao hospital comarcal, esixindo a inclusion da categoría de celador (segue a ser o único Hospital sen esa categoría de Galicia); e mellorar os servizos para transportistas, unha vez que na comarca só teén área de descanso e hixiene con comida preparada en Cee e Carballo.

Ademais propoñen a optimización no uso das RRSS municipais.

Novas relacionadas

comentarios