Venres. 26.04.2024
El tiempo

124 familias reciben as axudas económicas do concello de Vimianzo

124 familias reciben as axudas económicas do concello de Vimianzo
A xunta de goberno local do concello de Vimianzo aprobou na súa última sesión a concesión de perto de 14.000€ para axudas por nacemento, adopción ou acollemento e por inicio de curso escolar. A axuda por inicio de curso escolar beneficia un total de 112 familias que recibirán entre 250€ e 50€, en función dos seus niveis de renda. Segundo indican de obxectivo desta axuda é o de facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e o seu fin é compensar a aquelas familias que polas súas condicións económicas teñan máis dificultades para afrontar os gastos derivados do inicio do curso escolar. A axuda poderase xustificar con facturas correspondentes a gastos de libros de texto, material escolar, roupa ou zapatos. Con respecto á axuda por nacemento, adopción ou acollemento beneficiará a 12 familias que recibirán un total de 100 euros por nena ou neno. O obxectivo desta axudas é o de contribuír aos gastos ocasionados por nacemento, adopción ou acollemento. As axudas pretender ser un paliativo nestes momentos de crise, contribuíndo a minorar os gastos que estes feitos lles ocasionan ás familias. "Estas axudas son unha mostra do compromiso do concello de Vimianzo para que a educación e a igualdade de oportunidades non dependan da renda, consientes de que a educación é un dereito democrático ao que debe acceder toda a cidadanía sen que a renda familiar inflúa de maneira negativa e tamén demostran o compromiso do Concello de Vimianzo co fomento da natalidade e co apoio á infancia e ás nais e pais que deciden ter un fillo ou filla.", sinalan dende o goberno liderado por Manuel Antelo.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios