Venres. 19.04.2024
El tiempo

1.500 inscritos nas escolas culturais e deportivas do Concello de Vimianzo

O PEL Dixital chegou a Vimianzo
O PEL Dixital chegou a Vimianzo
1.500 inscritos nas escolas culturais e deportivas do Concello de Vimianzo

Rematado o período de inscrición das escolas culturais e deportivas para o curso 2019-2020, son máis de 800 inscritos nas diferentes escolas culturais e superan os 700 inscritos nas escolas deportivas.

Destaca na programación a diversidade de actividades destinadas a tódalas idades e como novidade as actividades na franxa horaria de 15:30- 16:30 de luns a venres para contribuír a conciliación familiar dado que este ano comeza a xornada única no CEIP San Vicenzo de Vimianzo. Nas actividades deportivas como novidade a escola multideporte que se impartirá en Baiñas.

Tendes toda a información en www.vimianzo.gal.

Acción formativa da Deputación

O pasado 03 de outubro de 2019, o Concello convocaba ás asociacións locais a unha charla formativa organizada polo programa PEL - Concello Dixital, que é un proxecto da Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Vimianzo.

A formación, que tivo lugar na Aula CeMIT da Casa da Cultura e á que asistiron un total de 13 membros de distintas asociacións da nosa vila, foi impartida por Laura Pérez, axente dinamizadora dixital da Deputación de A Coruña. Esta sesión formativa abordou os distintos métodos de identificación necesarios para relacionarse telemáticamente coas Administracións Públicas, vía pola cal as asociacións están na obriga de comunicarse e facer todos os trámites administrativos, motivo polo cal a charla estaba orientada precisamente a este sector.
Por outro lado, os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer un pouco máis a Sede Electrónica do Concello de Vimianzo e todas as súas posibilidades, así como ver a realización de distintos procedementos de interese para asociacións como son os trámites da solicitude de subvencións ou como firmar documentos virtualmente coa autofirma.

O programa Pel - Concello Dixital xunto co Concello de Vimianzo ten previsto convocar en novembro outra acción formativa para asociacións sobre SUBTEL, a plataforma de presentación telemática de solicitudes de subvención da Deputación de A Coruña.

Comentarios