Venres. 29.03.2024
El tiempo

150.000€ máis en axudas directas para a reactivación económica trala moción aprobada de Adiante Vimianzo

Reunión Comercio 1
Imaxe da reunión do grupo de goberno co comercio vimiancés
150.000€ máis en axudas directas para a reactivación económica trala moción aprobada de Adiante Vimianzo

Ademais da campaña de Vimi-bonos, o programa de reactivación económica do Concello de Vimianzo contará cunha liña de 150.000€ de axudas directas para o comercio e o empresariado local.

O pleno aprobaba a proposta de Adiante Vimianzo, que pedía unha liña de axudas directas para directas a microempresas e profesionais autónomos e autónomas, que xerou consenso como a propia campaña de bonos.

Á espera de coñecer as bases que rexerán como se vai desenvolver a campaña de bonos, esperan que sexa unha campaña para todos e que o uso da tecnoloxía non impida que se poidan unir á campaña aquel empresariado que non dispoña de tpv, xa que cremos que se poden buscar alternativas que procuren a participación sen incrementar un gasto a maiores aos negocios para poder participar dos bonos, destinando o total do bono ao pago da tpv.

Dende o grupo da oposición consideran excesivo o gasto de 18.000 que levará o banco como xestionador da campaña de bonos.

Comentarios