Venres. 29.03.2024
El tiempo

21 obras propostas polo Goberno de Vimianzo para o Plan da Deputación

21 obras propostas polo Goberno de Vimianzo para o Plan da Deputación

Malia que a oposición xa ten apuntado que só aprobará o Plan se hai consenso sobre as obras, o goberno municipal propoñerá no vindeiro pleno a celebrar o mércores día 26 un conxunto de obras que suman 21 actuacións en diferentes parroquias, para ser incluído no plan especial da deputación DTC 94.

O total do orzamento de execución chega á cantidade de 326.839,66€. Destacan diversas reparacións de pistas municipais, a mellora no contorno do centro socio cultural de Baíñas, diversos investimentos nos colexios públicos, recuperación de escolas unitarias e espazos públicos, e o ensanchamento da vía A Piroga – Baíñas.
Dende o grupo de goberno aseguran que "nesta proposta incorpóranse propostas de todos os grupos políticos, e concretamente, máis do 70% das iniciativas que plantexou a oposición no último pleno ordinario". Todas estas obras van agrupadas en sete proxectos distintos, para seren executados nos vindeiros meses.

O goberno quere destacar o ensanchamento da vía A Piroga – Baíñas, coa primeira fase incorporada neste plan, e que se completará en vindeiras actuacións.

Proposta do Plan DTC 94 do Concello de Vimianzo

  • PROXECTO DE REPARACIÓN E MELLORA DE VÍAS RURAIS MUNICIPAIS NAS PARROQUIAS DE CEREIXO, VIMIANZO, CAMBEDA, SALTO E TINES E CASTRELO.
    - 1. Vía Castro- Reparada (Salto).
    - 2. Vía Furaca-Costa da Forca (Baíñas).
  • PROXECTO DE MELLORA DE VÍAS RURAIS MUNICIPAIS NAS PARROQUIAS DE BAIÑAS E SERRAMO.
    - 1. Vía Santa Comba- Malle (Baíñas)
    - 2. Vía Novelle-Brañas Vilanova (Serramo)
    - 3. Vía Quitiande –Comareiro (Serramo)
  • PROXECTO DE MELLORA DE VÍAS RURAIS MUNICIPAIS NAS PARROQUIAS DE BAIÑAS E SALTO.
    - 1. Vía Esquipa-Porto Cereixo (Cereixo).
    - 2. Vía Valiña-Campo da Areosa (Vimianzo).
    - 3. Vía interior de Sansobre (Cambeda).
    - 4. Vía Castro-Cruce de Pedreira (Salto).
    - 5. Vía Vilaseco; Vía lugar de Vilar (Castrelo).
  • MELLORAS NO ENTORNO DA CASA DA CULTURA DE BAIÑAS.
    - 1. Urbanización ( acceso con beirarruas dende o nucleo de Baíñas)
    - 2. Pavimentación Entorno Casa da Cultura
    - 3. Peche da parcela
  • ACTUACIÓNS NO PATRIMONIO MUNICIPAL EN TINES E VIMIANZO.
    - 1. Entorno escola de Tines
    - 2. Reparacións no Colexio San Vicenzo de Vimianzo.
    - 3. Reparacións no Ximnasio de Vimianzo.
    - 4. Selado de escaleiras de acceso a Casa do Concello e Casa dá Cultura.
  • REPARACIÓN E ACONDICIONAMENTO DE EDIFICIOS MUNICIPAIS NA PARROQUIA DE BAÍÑAS
    - 1. Pintado Colexio de Baíñas.
    - 2. Actuacións Polideportivo de Baíñas.
    - 3. Escola Unitaria de Padreiro.
  • ENSANCHE DA ESTRADA BAMIRO A BAIÑAS (TREITO TINES- TREOS)
    - 1. Actuacións en ambos marxes da vía; lonxitude 2,6 km.
  • TOTAL PRESUPOSTO DE CONTRATA: 326.839,66€

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios