Venres. 29.03.2024
El tiempo

700 palilleiras de toda Galicia encherán o pavillón de Vimianzo

700 palilleiras de toda Galicia encherán o pavillón de Vimianzo

Como cada ano, a Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas de Vimianzo organiza unha das senlleiras xuntanzas de palilleiras da Costa da Morte. Este vindeiro sábado 10 de novembro, a partir das 12:30h, unhas 700 palilleiras de toda Galicia encherán o pavillón deportivo do Concello de Vimianzo.

Para dar conta da Veñen palilleiras de Lousame, Viveiro, Foz, Cervo, Burela, Sarria, Ferrol, Neda, Cedeira, Cariño, Ames, Pontevedra, Vigo, A Coruña, Boiro, Valga, Camariñas, Muxía, Padrón, Burela, Marín, Narón, Fene, Cambre, Salvaterra do Miño, Betanzos, Coirós, Carral, Vilanova de Arousa, Noia, Sada,etc e como non de Vimianzo.

O pavillón estará aberto a partir das 10:00 horas da mañá para todo o público que nos queira visitar. A comida de confaternidade será ás 13:30 horas no Restaurante Pastoriza.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios