Venres. 29.03.2024
El tiempo

A "Chupa do Val Irmandiño" gaña a XI edición dos Pinchos de Vimianzo

A "Chupa do Val Irmandiño" gaña a XI edición dos Pinchos de Vimianzo
premios-pinchos-irmandinos-vimianzo O alcalde de Vimianzo e a concelleira de Cultura entregaron esta mañá os premios da XI ruta dos Pinchos Irmandiños O restaurante Edreira, co seu petisco "Chupa do Val Irmandiño", resultou o gañador da XI edición dos Pinchos Irmandiños organizados ao redor da festa do Asalto ao Castelo e que son un bo reclamo que centos de veciños e veciñas de toda a contorna. A entrega do premio tivo lugar esta mañá nun acto presidido polo alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, e a concelleira de Cultura, Marta Rei. Tamén houbo mención especial para cervexería Risco polo seu "Bolo dos Condes de Altamira" e para o restaurante O Castillo cos "Os trancos do portón". Os resultados obtiveronse despois das votacións realizadas polo público tanto en formato papel como dixitalmente a través da APP.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/vimianzo-vive-o-seu-asalto-mais-reivindicativo/

Fonte

Comentarios