Venres. 19.04.2024
El tiempo

A importancia dos encontros interxeracionais

A importancia dos encontros interxeracionais
Encontro Interxeracional en Vimianzo Encontro Interxeracional en Vimianzo

Canta importancia ten a relación interxeracional para manter viva a identidade dun pobo.

Fermosa a actividade que, por segundo ano consecutivo, desenvolve a Cruz Vermella de Vimianzo. Un total de 25 os nenos e nenas participantes do campamento urbano organizado por Cruz Vermella visitaron a vivenda comunitaria do municipio. Alí esperaban 10 maiores, para desfrutar xuntos dunha chocolatada, xogos de mímica, puzles e ata un bingo.

“É unha actividade que facemos co obxectivo de ensinar ós nenos e nenas a diversión do xogo en equipo coas persoas maiores e a importancia do respecto cara estas”, relata Fátima García, traballadora social da entidade.

O campamento urbano de Cruz Vermella ten como obxectivo que os nenos e nenas aprendan xogando unha educación en valores, polo que, ao largo desta semana, estarán levando a cabo actividades enfocadas ao reciclaxe, coidado da natureza e traballo en equipo, entre outras.

Encontro Interxeracional en Vimianzo 2

Fonte

  • Cruz Vermella Vimianzo.

Comentarios