Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A última fin de agosto acolle a 1ª Ruta de Tapas Baiñanas

A última fin de agosto acolle a 1ª Ruta de Tapas Baiñanas
Hostaleiros de Bainas Hostaleiros de Baíñas presentando a ruta

Aposta segura é sempre unha ruta gastronómica. Sábeno en Vimianzo, onde os Pinchos Irmandiños son referencia xa a nivel nacional. Agora, son os membros da Asociación Cultural e Deportiva Os Campelos os que propoñen a 1ª Ruta das Tapas Baiñanas, que se desenvolverá a fin de semana do 30 e 31 de agosto e o 1 de setembro.

4 bares e o posto da propia asociación porán as súas traballadas tapas entre as 19:00h e as 23:00h. Unha boa ocasión para coñecer mellor a hostalería de Baíñas.

Tapas da ruta de Bainas Así serán as tapas da ruta de Baíñas

Fonte

  • Vimianzo.

Comentarios