Domingo. 05.07.2020
El tiempo

A Xunta comprométese a solucionar os problemas na cuberta do CEIP de Baíñas

A Xunta comprométese a solucionar os problemas na cuberta do CEIP de Baíñas

Continúan os centros educativos de Vimianzo con carencias infraestruturais. Así o comprobaban alcalde e arquitecto municipal hai un par de semanas, e onte, ambos visitaban na Coruña ao Xefe Territorial de Educación, Indalecio Cabana, e o responsable da unidade técnica da xefatura territorial da Coruña para abordar o asunto.

Na reunión abordáronse diferentes temas referentes aos centros educativos de Vimianzo e Baíñas, pero o máis urxente referíase a este último centro que vén sufrindo desde hai meses numerosos problemas técnicos na súa estrutura e na cuberta.

Manuel Antelo agradeceulle ao xefe territorial que os recibise nun prazo de tempo tan breve, e o xefe territorial se comprometeu a visitar nas vindeiras semanas os centros educativos de Vimianzo e a solventar aqueles problemas máis urxentes na maior brevidade posible.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Vimianzo.

comentarios