Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aínda quedan prazas nos ciclos de FP dos institutos da comarca

Aínda quedan prazas nos ciclos de FP dos institutos da comarca

Que a Formación Profesional é unha das formacións con máis saída laboral é algo máis que comprobado. De aí a importancia de cubrir todas as prazas para ir aumentando a oferta.

O Instituto de Ensino Secundaria Terra de Soneira de Vimianzo informa de que se veñen de liberar prazas para a matricula nos Ciclos Formativos, Medio e Superior, da Familia de Administración e Finanzas. O primeiro prazo de matrícula remata o día 23 de xullo e o segundo prazo vai dende o 28 ao 31 de xullo, ambos incluídos.

Ámbolos ciclos contan con 2000 horas de formación, equivalentes a dous cursos académicos, que inclúen un período de prácticas laborais en empresas. O IES Terra de Soneira ten asinados convenios de colaboración cun amplo abano de empresas da comarca, o que lle permite garantir ao seu alumnado as prácticas asociadas aos ciclos, así como unha moi alta inserción laboral.

Prazas libres tamén en Cee

A día de hoxe ainda quedan prazas vacantes en todos os ciclos de FP que oferta o IES Fernando Blanco. O prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes está aberto dende o día 17 ás 9:00 horas ata o día 23 de xullo ás 13:00 horas. Abrirase un novo período de matriculación dende o 26 ás 9:00 ata o día 31 de xullo ás 13:00 horas, tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria. 
Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes. As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada. 
Achegámoslle o calendario do proceso de admisión á FP que está colgado na web da Consellería de Educación, no apartado de FP.
Para calquera consulta sobre o proceso xeral de admisión a ciclos pódese consultar no seguinte enlace http://www.edu.xunta.es/fp/ciclos-liberados-convocatoria-2019-20

Novas relacionadas

Comentarios