Xoves. 05.08.2021
El tiempo

A alcaldesa de Vimianzo asume a presidencia da CMAT ata 2023

FOTO_PRESIDENTA_CMAT
Mónica Rodríguez é a nova presidenta do CMAT
A alcaldesa de Vimianzo asume a presidencia da CMAT ata 2023

O pasado luns 21 de xuño, celebrouse en  Vimianzo unha Asamblea da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), na que, entre outros puntos a tratar, tivo lugar a elección da nova Xunta Directiva, tras os dous anos do mandato do anterior presidente, o alcalde de Muxía, Iago Toba.

A nova Xunta Directiva, elixida por unanimidade, está composta polos representantes dos concellos de Vimianzo (Presidencia), Camariñas (Vicepresindencia), Cabana de Bergantiños (Tesourería), APTCM (Secretaría e primeiro vogal), Fisterra (segundo vogal) e Carballo (terceiro vogal).

No marco da asamblea, comunicouse a todos os socios a resolución das axudas da Deputación da Coruña para as actividades de 2021, onde terá especial protagonismo o marketing online, o Camiño Fisterra–Muxía, (en honra da celebración do Ano Santo Xacobeo), a realización de varios blog trips, o posicionamento de Costa da Morte como destino familiar  e a realización de diferentes elementos audiovisuais que promocionen as vivencias e emocións que se poden vivir arredor do patrimonio natural e cultural de Costa da Morte.


 

comentarios