Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Arquivadas as denuncias contra a Secretaria de Vimianzo

Arquivadas as denuncias contra a Secretaria de Vimianzo

Logo de moitas idas e voltas polos xulgados, parece que a situación da Secretaria do Concello de Vimianzo se tranquiliza. A Dirección Xeral da Administración Local vén de ditar unha resolución pola que arquiva definitivamente as denuncias da oposición contra a secretaria.

O expediente considera que “non queda suficientemente acreditado que as infraccións imputadas poidan ter esa consideración”. O alcalde, Manuel Antelo, defende unha vez máis que “o procedemento de nomeamento da funcionaria se axustaba á legalidade e non procedía o retraso de máis dun mes no seu nomeamento”.

Resolucion Secretaria Vimianzo

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do grupo de goberno do Concello de Vimianzo.

Comentarios