Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Arranca en Vimianzo un congreso internacional no que se reflexionará sobre a migración

Arranca en Vimianzo un congreso internacional no que se reflexionará sobre a migración
participantes-congreso-migracion-vimianzo Xa están en Vimianzo representantes das delegraciós internacionais que participan no congreso destes días Dende mañá até o venres Vimianzo acollera o congreso internacional "Emigración e inmigración por razóns laborais no rural da Unión Europea". Este congreso, organizado polo concello de Vimianzo, en colaboración co equipo de socioloxía das Migracións Internacionais da Universidade da Coruña  - Esomi -, enmárcase no proxecto "ERN4mob – European Rural Europe for Job Mobility", financiado polo programa Europa cos Cidadáns – Redes de Cidades 2015. O congreso está dirixido ao público en xeral, e especialmente aos cidadáns involucrados nalgún proceso de mobilidade na Unión Europea (por motivos de traballo ou por xubilación, emigrantes na UE ou emigrantes retornados), familiares e amigos desas persoas e xente nova desempregada; tamén a todos os axentes sociais que traballan no ámbito da migración, a inclusión social e o emprego. Pretende reflexionar sobre a realidade actual en diferentes comunidades rurais europeas e sobre as causas que producen os distintos niveis de desenvolvemento e de oportunidades, e xeran os desprazamentos humanos; tamén dar respostas prácticas a cuestións relacionadas coa mobilidade europea, nun territorio como Vimianzo, caracterizado pola emigración (principalmente por razóns laborais e económicas), e presentar os resultados do proxecto ERN4mob e perspectivas de futuro. Entre os participantes están varias delegacións internacionais; tales como representantes do concello de Urzad Miasta Kostrzyn nad Odra, de Polonia; membros da comunidade iIntermunicipal do Alto Alentejo de Portugal; representates de Newry, Mourne and Down District Council do Reino Unido; membros da comune di Petrosino de Italia e do concello de Obec Zemplínske Hámre de Eslovaquia. Programa O congreso, que se densenvolverá na Casa da Cultura, arranca mañá ás 9 horas coa entrega das acreditacións e do mateiral. A continuación, Manuel Antelo - alcalde de Vimianzo - será o encargado de inaugurar oficialmente o evento. O relatorio de apertura correrá a cargo da socióloga Laura Oso Casas cunha ponencia que leva por título "Unha mirada de ida e volta aos movementos migratorios en Europa". Despois dunha pausa, a xornada continúa coa intervención de Juan José Lirón Lago - subdirector xeral de Emprego - que falará sobre o Servizo de Emprego en Galicia. A continuación, será un panel expositivo sobre a mobilidade en Europa na actualidade coa intervención de distintos relatores. O congreso continúa mañá xoves con ponencias durante a mañá e a tarde na que se abordarán a situación actual dos procesos migratorios. O Congreso remata o venres pola mañá. As persoas interesadas en participar nas actividades do congreso poden inscribirse gratuitamente cubrindo o formulario online,  contactando coa organización a través do teléfono 981 716 001 (ext. 1220) ou no enderezo electrónico [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios