Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Arranca o programa "Vimianzo, historia viva" coa visita á Faguía de Carnés

Arranca o programa "Vimianzo, historia viva" coa visita á Faguía de Carnés
faguia-carnes A Faguía de Carnés é unha das festas de interese turístico que conta con máis de 400 anos de historia O vindeiro domingo, día 9, arranca o programa "Vimianzo, historia viva" posto en marcha polo goberno municipal e co que pretende promover - un ano máis - o turismo cultural e exalzar os elementos culturais do municipio. A primeira visita será a Faguía de Carnés,  unha festa de interese turístico que vive o domingo o seu día grande. Ademais, considerando a etnografía e o patrimonio inmaterial como eixe argumental da saída, visitáranse no camiño outras paradas e emprazamentos en ocasións subestimados e sen embargo cun relato sempre asociado a nosa cultura identitaria. O punto de encontro para un grupo reducido de participantes, será no propio Castelo de Vimianzo ás 11 da mañá e a inscrición é imprescindible facela contactando co concello (981 716 001). Tella de Prata Por outra banda, a confraría de san Cristovo de Carnés entregará o seu premio anual "Tella de Prata" a Marcial Mouzo; popular locutor de radio. O acto terá lugar o próximo domingo, ás 2o horas na praza da igrexa parroquail de Carnés despois da misa e procesión que precede á festa da Faguía.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios