Sábado. 17.08.2019
El tiempo

Boa acollida da programación de verán do Concello de Vimianzo

Boa acollida da programación de verán do Concello de Vimianzo

Máis dun cento de nenas e nenos participaron en cada unha das quendas do Vimiverán que se desenvolverá até o 31 de agosto. Este ano como novidade organízanse 4 edicións do Vimiverán , a primeira do 8 ao 19 de xullo (136 participantes), a segunda, do 22 de xullo ao 2 de agosto(130 participantes), a terceira, do 5 ao 16 de agosto(105 participantes) e a cuarta, do 19 ao 31 de agosto(95 participantes).

Tal e como informa o concello nun comunicado, durante estes días realizaron actividades de aprendizaxe medioambiental ,visitaron o Castelo,o paseo fluvial de Vimianzo, o Castro das Barreiras, viaxaron a Santiago e a Camariñas; tiveron tempo para obradoiros, manualidades, xogos, xincanas, piscina e gozaron dunha velada por quenda no pavillón de Vimianzo para os máis maiores. Non terán tempo para aburrrirse faltan moitas outras actividades programadas que rematarán cunha velada na Presa do Val de Baiñas.

Tamén se cubriron as 30 prazas destinadas a nenas e nenos nacidos entre 2002 e 2007 para o campamento multiaventura nas instalacións de Cabeza de Manzaneda, ao igual que para os cursos de informatica ( robótica, mecanografía e impresión 3D) que se desenvolven no Telecentro entre o 8 de xullo e o 30 de agosto.

Nos cursos de natación que se imparten polas mañás participan 30 nenos e nenas e a piscina permanecerá aberta para público xeral de martes a venres de 12:00 a 20:00 h. e sábados e domingos de 15:00 a 20:00 h.

O luns 12 de agosto, festivo local celebrouse o día do xogo na Praza do Concello con inchables, pintacaras, manualidades, xogos, festa da escuma e moi boa resposta da veciñanza. O 21 de agosto 100 nenos e nenas participarán na excursión ao Aquapark de Cerceda.

A Sala de Exposicións Antón Mouzo durante o mes de agosto acolle exposición do XII Certame de artesanía Antonio Fraguas Fraguas da Deputación da Coruña que se poderá visitar de luns a venres de 8:30 a 15:00 h.

Comentarios