Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Bululú deixou a súa pegada teatral na Sala Antón Mouzo

Performance do Bululu en Vimianzo
Performance do Bululú, realizada por Carmen Cotelo, en Vimianzo
O Bululú deixou a súa pegada teatral na Sala Antón Mouzo

Segue viva a Sala de Exposicións Antón Mouzo de Vimianzo, que este venres acolleu a performance de reinauguración da exposición pictórica/teatral "O Bululú”. Se ben a a maleta do Bululú de Miolos xa leva un mesiño en Vimianzo, este sábado tocaba pasar a acción, cunha acción teatral moi singular, protagonizada por Carmen Cotelo.

Unha posta en escea coa que o colectivo Miolos (Santi Picos, Cristina C. Santiago, Milagros Cotelo e Mon Lendoiro) que lembrar a figura do Bululú, un actor solitario ou comediante español, que viaxaba de pé, de cidade en cidade, facendo pequenas representacións, interpretando todos os personaxes que aparecían na historia ou farsa, escollidos a partires dun variado repertorio propio. A súa orixe localízase na Galicia de finais do seculo XVI.

A maleta cobra un protagonismo especial servindo de fío condutor para homenaxear a estes divertidos faranduleiros , pois era todo para eles, dende a súa casa ata o seu escenario.

A mostra poderase visitar até o 1 de decembro no horario de apertura da Casa da Cultura. A entrada é de balde.

Performance do Bululu en Vimianzo 2

Novas relacionadas

Comentarios