Venres. 19.04.2024
El tiempo

Cambeda ponse solemne para a súa célebre Virde de Fátima

Cambeda ponse solemne para a súa célebre Virde de Fátima
Procesión da Virxe de Fátima de Cambeda Procesión da Virxe de Fátima de Cambeda

Hai nomes de virxes que van directamente relacionados a unha parroquia. E así acontece en Cambeda ca Virxe de Fátima. Ali, desde os anos cincuenta vense celebrando, non só os 13 de maio de cada ano (día propio da súa festa), senón tamén en setembro, o xoves posterior á festa da Barca, esta solemne procesión.

Estes días vaise cumprir un ano da presenza da imaxe da Virxe Peregrina do Santuario de Fátima-Portugal, cunha asistencia de milleiros de persoas durante todo o día que estivo nesta parroquia.

Son dúas as procesións máis singulares: a da véspera do 13 de maio, que cada ano visita un lugar distinto da parroquia (este ano sae a procesión desde Cubes ás 22:00 h, pasa por Rasamonde para chegar ao templo parroquial). Esta procesión, que é cíclica no tempo, é moi bonita posto que os feligreses de cada lugar por onde ese ano pasará a imaxe da nosa Señora, se esmeran de forma asombrosa para adornar as súas casas, facer alfombras de flores, colocar pequenos altares…).

Outra procesión é a de setembro e faise desde a Casa da Cultura de Vimianzo ata o templo parroquial, a esta procesión acoden centos de persoas.

Este domingo 13 de maio, día da nosa Señora de Fátima, en Cambeda haberá misas ás 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00 h (solemne con procesión) e 20:00 h.

Fonte

Comentarios