Sábado. 24.08.2019
El tiempo

Os campamentos de Vimiverán, en clave de patrimonio

Manuel Vilar recibiu á rapazada do Vimiverán no Museo do Pobo Galego
Manuel Vilar recibiu á rapazada do Vimiverán no Museo do Pobo Galego
Os campamentos de Vimiverán, en clave de patrimonio

Fermosa excursión a que disfrutou a rapazada do Vimiverán, coñecendo o Museo do Pobo, Parque de Bonaval e A Cidade da Cultura no marco da programación Actívate de viaxe! financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación. Un prigrama que propicia o coñecemento do patrimonio cultural e natural de Galicia a través de actividades lúdicas.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, e o director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar, acompañaron a rapazada na visita ao Museo do Pobo Galego.

A visita ao Museo do Pobo desenvolvérona a través de xogos didácticos os 66 participantes distribuídos en grupos e acompañados de monitores. Nestas actividades traballaron as costumes da nosa sociedade, os distintos tipos de oficios, a tipoloxía de arquitectura de Galicia, os distintos tipos de familia dos instrumentos populares de Galicia, aprenderon distintos conceptos procedentes do mar e do campo e coñeceron os personaxes ilustres de Galicia. O material dos contidos da visita facilitounos o persoal de Educación e acción cultural do Museo. Concluíron a estancia coa visita ó Panteón de Galegos Ilustres na Igrexa de Santo Domingos de Bonaval onde tamén localizaron os sepulcros dos Moscoso e recoñeceron os seus escudos de armas coa característica cabeza arrincada de lobo orientada cara a dereita cos regueiros de sangue.

Coñeceron o Parque de Bonaval da man do técnico de Patrimonio, Manuel Rial que os acompañou xunto coa técnica de cultura, Nieves Lema, durante toda a visita á cidade compostelá.

Xa para rematar a xornada achegáronse á Cidade da Cultura e participaron nunha visita guiada que os achegou á arquitectura, historia e espazos naturais do Gaiás. 

Comentarios