Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carantoña quere concentración parcelaria

Carantoña quere concentración parcelaria
Sabadelle, o anaco de costa do Concello de Vimianzo, pertence a Carantoña Sabadelle, o anaco de costa do Concello de Vimianzo, pertence a Carantoña A da concentración parcelaria na parroquia de Carantoña é unha antiga demanda veciñal. Unha acción que permitiría unha mellor xestión do territorio e sería moi positivo para a actividade agrícola e gandeira da parrroquia. Así o constataron os membros do Concello tras varias reunións cos veciños. Agora conta ademais co apoio do Goberno Municipal de Vimianzo, que vai presentar unha proposta ao pleno para que sexa o Concello o que a promova, unha vez que a Xunta non parece dar pasos adiante. I é que hai xusto un ano, en setembro do pasado 2017, o alcalde de Vimianzo remitiulle á Xefatura Territorial de Medio Rural da Coruña un escrito dos veciños e veciñas de Carantoña solicitando que se iniciara o proceso de carácter público de mellora da estrutura territorial agraria da parroquia. Un ano despois, non hai resposta por parte da administración autonómica.

Comentarios