Martes. 16.04.2024
El tiempo

Carnés, Cereiro e Leis renden homenaxe a Don Pedro

Carnés, Cereiro e Leis renden homenaxe a Don Pedro
O parroco de Carnes Don Pedro recibira unha homenaxe O párroco de Carnés Don Pedro recibirá unha homenaxe-Foto-Xesús Búa para o Concello de Vimianzo

Nestes días sacros, toca falar deses nomes propios que están cambiando a igrexa. Onte falabamos do peculiar cura de Santa Comba, e temos falado moito do sorriso africano-costeiro. Hoxe toca parada en Vimianzo, onde o párroco Don Pedro Zas Esmorís vai recibir a homenaxe dos parroquianos de Carnés, Cereixo e Leis.

A cita será o sábado 22 de abril, na Igrexa de San Cristovo de Carnés (haberá musca ás 13:00h) como na carpa na praza das escolas de Carnés, onde haberá un xantar a partir das 14:30h.

Xa se poden retirar as entradas (25€) ata o día 20 de abril nos seguintes teléfonos ou establecementos das parroquias:
- Parroquia de Leis: Lorenzo (697 418 776);
- Parroquia de Cereixo: Bar London; ou Cruz (638 810 688), Miguel (653 194 611) e Margot (981 73 00 84);
- Parroquia de Carnés: AgroFerrín; Bar O Ciprés; Bar Casa Ferrín ou Nieves (616 739 089).

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios