Luns. 28.09.2020
El tiempo

O Castelo de Vimianzo, que se mantén moi vivo turísticamente, recibirá novas melloras

O Asalto ao Castelo colaborará, cedendo material, á batalla de Altamira
Visita institucional ao Castelo de Vimianzo
Visita institucional ao Castelo de Vimianzo
O Castelo de Vimianzo, que se mantén moi vivo turísticamente, recibirá novas melloras

O Castelo de Vimianzo e a súa Mostra de Artesanía en Vivo vén de ratificar as cifras turísticas que ofrecen outros espazos como o Faro Vilán ou Dombate.

O Castelo rexistrou ao longo do verán practicamente o mesmo número de persoas do ano anterior, a pesar de ter desaparecido as visitas en grupo, e ter adaptado as visitas ás estritas medidas de control.

Ademais da presentación dun libro, este venres, o Castelo recibía a visita institucional da Deputación da Coruña e o Concello de Vimianzo. Foi unha posta en común das posibles melloras que se poderán realizar nun futuro.

A Deputación anunciou un investimento de 100.000€ para reformar cadro eléctrico e mellorar o control das humidades do monumento. Ademais, para o futuro falouse de nova iluminación con posibilidade de cambiar as cores.

Finalmente, na xuntanza abordouse a colaboración do Concello de Vimianzo coa Deputación da Coruña na organización da festa histórica que se prepara para conmemorar a batalla de Altamira, xunto cos concellos de Ames e Brión. Neste sentido, desde o concello de Vimianzo, a alcaldesa mostrou a súa disponibilidade para ceder materiais do Asalto ao Castelo, entre outros elementos, a propia vestimenta da conmemoración.

Novas relacionadas

comentarios