Sábado. 15.08.2020
El tiempo

Cazadores e forzas de seguridade rescatan 4 crías de xabarín da canle da central hidroeléctrica de Carantoña

Cazadores e forzas de seguridade en pleno rescate
Cazadores e forzas de seguridade en pleno rescate
Cazadores e forzas de seguridade rescatan 4 crías de xabarín da canle da central hidroeléctrica de Carantoña

Menudo rescate viviron esta pasada tarde-noite de xoves os cazadores da Soc. de Caza de San Vicente de Vimianzo, xunto coa Policía Local de Vimianzo, a Garda Civil, e varios membros de Protección Civil da localidade.

Preto das 20:00h descubrían que 4 crías de xabarín caeran e ficaran atrapadas na no canle da Central Hidroeléctrica do Río Grande, en Carantoña. Coa axuda dos Bombeiros e o resto de forzas de seguridade, procederon ao traballo laborioso de captura empregando unha rede.

Eran xa as 23:20 cando remataron a operación, ceibando aos xabaríns nun lugar seguro, frecuentado pola especie, esperando que a nai os atope pronto.

Rescate dos xabarins

comentarios