Xoves. 18.04.2024
El tiempo

De Cereixo a Compostela, unha excursión este sábado para coñecer as orixes da lenda Xacobea

Percorrido_Translatio
De Cereixo a Compostela, unha excursión este sábado para coñecer as orixes da lenda Xacobea

Descubrir os lugares que marcaron a lenda xacobea da Translatio é a misión dunha excursión que partirá este sábado 4 de setembro ás 9:00 dende a Casa da Cultra de Vimianzo. O lugar que inspira a viaxe e primeira parada será a igrexa de Santiago de Cereixo, onde o seu tímpano románico recolle unha das representacións máis antigas da historia do traslado do corpo do Apóstolo de Palestina a Galicia. Entre outros lugares, tamén se visitará Baíñas, onde o seu mosteiro acolleu durante anos peregrinos a Muxía e Compostela.

Outro dos lugares destacados da viaxe será a chegada a Padrón, o antigo porto de Iria Flavia, onde segundo a tradición desembarcou a comitiva de discípulos co corpo do apóstolo, que se ve reflectido no tímpano de Cereixo. Ademais de coñecer este lugar visitarase o santuario do Santiaguiño do Monte, onde se celebra unha concorrida romaría. Finalmente, o percorrido da Translatio entrará na cidade de Compostela, onde terminará a xornada cunha visita ao Museo das Peregrinacións e de Santiago.

A participación na excursión é de balde, até completar o aforo dispoñible. As reservas realizaranse no correo electrónico [email protected].

Máis actividades

Ademais da excursión, o proxecto inclúe outras actividades durante o mes de setembro, como unha andaina e un obradoiro fotográfico dende o Santuario da Barca de Muxía ao Porto de Cereixo (18 de setembro) ou o Foro Europeo Translatio e Camiños de Santiago nas terras dos Condes de Altamira (24 de setembro).

Dentro do programa, a igrexa de Santiago de Cereixo está a acoller a representación teatral A barca prodixiosa de Cereixo , dos Quinquilláns. Con entrada de balde, todos os venres ás 17h até o 24 de setembro.

Novas relacionadas

Comentarios