Xoves. 28.03.2024
El tiempo

FORMACIÓN DO PROFESORADO

O CFR comeza unhas demandadas xornadas sobre tecnoloxía e inclusión educativa para o profesorado

Imaxe Xogos virtuais e robots como instrumento de inclusión educativa
O CFR comeza unhas demandadas xornadas sobre tecnoloxía e inclusión educativa para o profesorado

Este xoves deron comezo as novas xornadas sobre tecnoloxía e inclusión educativa que CFR da Coruña organiza para promover a utilización de ferramentas TIC nos sistemas de educación primaria e secundaria. As xornadas, que se celebran na Casa da Cultura de Vimianzo, comezaron falando de “Xogos virtuais e robots como instrumentos de inclusión educativa”.

O curso tivo unha alta aceptación entre o profesorado, pouco frecuente nos últimos anos, como demostra a longa lista de inscritos, e o feito de que gran parte dos asistentes veñen doutras localidades, como Coruña ou Santiago.

As docencias serán impartidas polo especialista en tecnoloxía e diversidade Feliciano Couto Escanciano, gran coñecedor da materia cunha longa traxectoria neste eido.

Couto traballará contidos relacionados coas ferramentas TIC na educación, en especial xogos online e robots. Asemade fará fincapé nos novos enfoques e recursos na formación de persoas con necesidades educativas especiais e por último dará a coñecer o “proxecto Gamesp.org” e as actividades e productos desenvoltos a través do mesmo.

Comentarios