Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Un ciclista resultou ferido tras unha caída na AC-552, ao paso por Vimianzo

ac 552
Un ciclista resultou ferido tras unha caída na AC-552, ao paso por Vimianzo

Esta mañá rexistrouse caída dun ciclista na AC-552, ao paso por Vimianzo. O ferido foi localizado preto do mediodía por un veciño na cuneta, polo que chamou enseguida ao 112 Galicia. Deste xeito, activouse un operativo no que participaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para o traslado do ciclista, que presentaba lesións de diversa consideración, ata o Hospital Virxe da Xunqueira.

Tamén colaboraron os axentes da Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil.

Comentarios