Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Cine, espectáculos e música para unha singular Semana Grande de Vimianzo

 Vimiansol pola Semana Grande de Vimianzo1
Programa de fin de semana en Vimianzo
Cine, espectáculos e música para unha singular Semana Grande de Vimianzo

Non haberá verbenas pero si cine, espectáculos e música. A Semana Grande de Vimianzo conta cunha programación cultural especial dentro do programa Vimiansol, no que tamén se inclúe a visita de espectáculos á feira dos xoves.

Titeres itinerantes na feira do xoves de Vimianzo
Os Animacreques estiveron na feira do xoves

Serán unha serie de que actividades se desenvolverán na praza do Concello e son de balde, pero precisan de inscrición previa na billeteira da Casa da Cultura de luns a venres de 09:00 h a 14:00 h ou no [email protected].

Xa o venres 7 de agosto, ás 21:00 horas co concerto de Caamaño-Ameixeiras. Neste evento os asistentes poderán escoitar a Antía Ameixeiras, de orixe vimiancés, e a Sabela Caamaño, ambas artistas con carreiras de grande relevancia.

O sábado, día 8 de agosto, ás 21:00 horas terá lugar “La Coquette”, un espectáculo de aéreos de Kanbaiota.

En calve cinmatográfica, a praza acollerá a estrea de “María Solinha” nun cine ao aire libre o domingo 9 de agosto a partir das 21:30 horas. Ao evento asistirá o director do filme, Ignacio Vilar, a alcaldesa do municipio, Mónica Rodríguez, e concelleiros.

Para poñer o colofón a esta Semana Grande, o luns día 10 de agosto, festivo local, terá lugar ás 19.00 horas o espectáculo “Pura alegría” do Teatro Calavera. Un show teatral dirixido á rapazada.

Saída ornitolóxica

Este sábado, 8 de agosto, ás 10:00 h o Concello de Vimianzo organiza unha ruta ornitolóxica pola paisaxe do Encoro da Fervenza. Da man do Grupo Naturalista Hábitat realizarase un roteiro guiado explicando por que este lugar é un punto destacado para o turismo ornitolóxico.
Na ruta avistaranse paxaros e analizaranse as pegadas dos animais que pasean polo encoro e as especies que habitan as súas augas. Para a actividade recoméndase levar roupa cómoda para camiñar e prismáticos. A visita conta con 20 prazas e a inscrición é gratuíta. Máis información en [email protected] e no whatsapp 604 036 617.

Comentarios