Venres. 29.03.2024
El tiempo

O concello de Vimianzo afeita o Castro de Barreiras e agarda o permiso de escavación

O concello de Vimianzo afeita o Castro de Barreiras e agarda o permiso de escavación

Un ano despois da última posta a punto, o Castro das Barreiras xa locía unha abundante barba. Sen máis ideas, a Xunta realizaba un corte de pelo, que se repetiu esta semana da man, desta volta, do Concello de Vimianzo.
As desbrozadoras tomaron o o expediente X da arqueoloxía galega, como o definiría Tito Concheiro, xa que polo de agora nunca foi excavado.

Precisamente, dende o Concello agarda Xunta autorice a excavación do xacemento para que se poidan visitar os restos arqueolóxicos.

Posta en valor

Dende o novo goberno vimiancés aseguran que “a posta en valor do Castro das Barreiras é unha actuación imprescindible para a promoción cultural e turística do concello de Vimianzo” di o alcalde. Por este motivo dentro da programación cultural do concello haberá actividades específicas para dar a coñecer o xacemento arqueolóxico: organizaranse visitas guiadas ao recinto castrexo programadas para escolares e para o público en xeral; unha serie de conferencias sobre o xacemento castrexo e a edición de folletos divulgativos.

Pola súa banda o arqueólogo Ángel Concheiro ofrece a súa colaboración co concello de Vimianzo para todas as actividades que se organicen para a posta en valor do xacemento arqueolóxico. “O feito de que o Castro das Barreiras estea situado nun val, ao lado da estrada xeral e do casco urbano, é un privilexio para o visitante e non se debe desaproveitar”, comenta o arqueólogo, que considera que “a posibilidade de visitar as excavacións dun xacemento é un atractivo engadido para o turismo”.
Ademais o potencial conxunto Castro-Castelo pode ser un grande atractivo para a comarca de Soneira.

Novas relacionadas

Máis novas arquoelóxicas

Que pasou na Costa, con Víctor Castiñeira

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Vimianzo.

Comentarios