Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo segue pagando en tempo e forma

Vimianzo reparte material homologado de protección entre todos colectivos profesionais que o solicitan na loita contra o COVID-19
Desinfectando Vimianzo
Imaxe do proceso de desinfección das instalacións municipais
O Concello de Vimianzo segue pagando en tempo e forma

Para evitar preocupacións, a alcaldesa, Mónica Rodríguez, vén de confirmar que “os pagamentos levaranse a cabo cada semana, para garantir a cobertura económica de todos os nosos proveedores e facelo coa máxima frecuencia posible”.

Esta medida contra a pandemia global provocada polo COVID-19 únese á xa rexistrada polo consistorio vimiancés, do aprazamento das cotas de servizos a nivel municipal.

Material de protección, só homologado

O Concello de Vimianzo reparte estes días entre os colectivos profesionais todo o material de protección para loitar contra o coronavirus, sempre cumprindo os requisitos legais. Polo tanto como institución, imosa loitar para poder achegar a máxima cantidade de material posible para chegar aos colectivos e persoas que así o precisen. Con todo, apostarase polos EPI’s, que cumpran os estándares mínimos para garantir a protección.

“O que non podemos facer é fomentar o reparto de mascarillas que non garantan ao 100% a seguridade das nosas traballadoras e traballadores, tanto do 061 como do Servizo de Axuda no Fogar ou das fozas de seguridade, por poñer un exemplo”, afirma a alcaldesa, Mónica Rodríguez. O Concello repartiu material como máscaras, gafas protectores, luvas, botas e buzos en función das necesidades aos distintos departamentos. Material doado por empresas ou adquirido polo propio Concello, sempre legalmente regulado. Respectamos as opcións doutros concellos, pero entendemos que “por responsabilidade e aínda que nos pese desbotar esta opción, non podemos facer un reparto de algo que non se axusta a unha serie de directrices de seguridade”, indica

Comentarios