Martes. 23.04.2024
El tiempo

Convivencia, tolerancia e respecto fronte ao acoso escolar

Convivencia, tolerancia e respecto fronte ao acoso escolar
Sesion contra o acoso escolar en Vimianzo coa Cruz Vermella Sesión contra o acoso escolar nos IES de Vimianzo coa Cruz Vermella

Aos 10 anos comeza o acoso escolar en Galicia, segundo os datos oficiais. Unha realidade que cómpre combatir con información e educación, dende a prevención, e por aí é por onde a Cruz Vermella de Vimianzo quere traballar, man a man cos centros de ensino.

Deste xeito, Cruz Vermella Terra de Soneira valora positivamente continuar neste 2018 coa sensibilización da mocidade en acoso escolar dende o primeiro curso da educación secundaria obrigatoria. semana estivo no IES Terra de Soneira de Vimianzo sensibilizando a 47 alumnos e alumnas en prevención de conductas violentas. O obxectivo deste proxecto é promover a resolución de conflitos mediante a non violencia e os valores de convivencia, tolerancia e respecto.

A través de noticias e testemuños de casos reais, viron as consecuencias penais e psicolóxicas, entre outras, que o acoso ten para cada unha das partes do conflito.

Ciberacoso

Como non podía ser doutro xeito, falou tamén en clave dixital, facendo referencia ao “III Estudio sobre acoso escolar e ciberacoso segundo os afectados” da Fundación ANAR. Segundo este estudio aínda que se reduciu o número de casos, as vítimas de acoso escolar actuais sofren un maior número de feitos violentos que os de anos anteriores. Os actos violentos que máis se incrementan son aqueles que poden facer máis dano físico e moral nas vítimas: insultos e ofensas de palabra (dende o 71,1% en 2016 ata o 78,0% en 2017); físicos leves (empuxóns e zarandeos, dende o 22,6% ata o 47,8%) e illamento (dende o 18,2% ata o 40,9%).

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-cruz-vermella-estrea-sede-en-cee/ https://quepasanacosta.gal/cruz-vermella-leva-temas-de-educacion-sexual-e-prevencion-de-drogas-as-escolas-da-bisbarra/ https://quepasanacosta.gal/duas-iniciativas-universitarias-con-acento-costeiro-para-erradicar-o-acoso-escolar/

Comentarios