Xoves. 27.02.2020
El tiempo

A Educación sexual e a prevención sobre drogas chegan aos centros de ensino coa Cruz Vermella

A Educación sexual e a prevención sobre drogas chegan aos centros de ensino coa Cruz Vermella

Non aparecen nos libros, pero si deben estar nas aulas. As charlas de prevención do uso das drogas e sobre educación sexual están chegando ao alumnado gracias a entidades como Vieiro ou a Cruz Vermella. Se xa temos viaxado con Vieiro polas clases de Carballo e Camariñas hoxe é a Cruz Vermella Terra de Soneira a que fai balance do programa desenvolto en 2019 nos centros educativos de Vimianzo, Laxe e Cabana de Bergantiños.

Foron un total de 182 mozos e mozas destes concellos os que asistiron ás sesións de sensibilización da entidade durante o pasado ano. Charlas e talleres para previr e sensibilizar sobre a modificación de aqueles comportamentos que resultan nocivos para a xuventude e a importancia de manter uns hábitos saudables.

Sesións que volven esta semana, con novos talleres de prevención de drogodependencias no IES Terra de Soneira. Cada taller ten unha duración de catro sesións e trata, entre outros contidos, das causas no inicio dos consumos, os riscos e consecuencias do consumo de substancias e habilidades sociais.

Nas vindeiras semanas comezarase a impartir, tamén no IES Terra de Soneira, talleres sobre educación sexual. Neste caso, e tamén cunha duración de catro sesións, o voluntariado centrarase na explicación das distintas enfemidades de transmisión sexual existentes, os métodos anticonceptivos e definicións e información xeral.

Novas relacionadas

comentarios