Xoves. 04.06.2020
El tiempo

Os establecimentos de Vimianzo reciben os soportes de Gerca

Noelia da tenda de roupa Ágabe Moda xa recolleu o seu kit de seguridade
Noelia da tenda de roupa Ágabe Moda xa recolleu o seu kit de seguridade
Os establecimentos de Vimianzo reciben os soportes de Gerca

 O Concello de Vimianzo xa comezou a repartir os soportes de hidroxel e os ‘kits’ de material de protección para os establecementos abertos nesta fase 1. 

Son kits que parten do esforzo de adaptación da empresa vimiancesa Gerca, que realizou uns soportes, completados de xeito artesanal [email protected] [email protected] municipais, coa identidade da torre do Castelo como imaxe principal. Ademais, dentro das caixas, apórtase xel, luvas e mascarillas para os propietarios que rexentan as tendas que permanecen abertas nesta fase do desescalamento. 


A alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradécelle a GERCA “o seu traballo e a pronta adaptación ao contexto sanitario que estamos a vivir ”e asegurou que “desde o goberno continuaremos apostando polas empresas locais xa que é de agradecer a enorme iniciativa que está a ter o noso tecido empresarial, que de por si é moi forte”. 

Formulario

Desde o Consistorio, e a través da páxina web vimianzo.gal, implementouse un formulario web que recolle preguntas sobre economía e sanidade, para facer un varrido de ideas e completar posteriormente unhas bases coas que se coordinará o reparto cos establecementos.
 

Novas relacionadas

comentarios