Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Evaristo Blanco reclámalle 300.000€ ao concello de Vimianzo pola casa que acabou derrubando

Evaristo Blanco reclámalle 300.000€ ao concello de Vimianzo pola casa que acabou derrubando
Imaxe da casa de Evaristo Blanco en Bamiro antes de ser derrubada

En marzo, despois de moitos litixios, Evaristo Blanco acababa derrubando a súa casa en Bamiro. Unha casa que quedara fóra do PXOM, e era considerada ilegal en 2011 polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Unha situación da que o veciño culpa directamente ao actual alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo.

Despois de varias reunións coa oposición, o veciño decidía presentar unha reclamación patrimonial reclamándolle ao Concello de Vimianzo 240,000€, ademais de 30000 polo derrubamento da casa e 12.000€ por danos morais.

Blanco considera que o anterior goberno municipal, presidido polo Alejandro Rodríguez Lema e no que estaba de concelleiro no PSOE o José Manuel Rodríguez Blanco, Roque, agora nas filas do PP de cara ás vindeiras eleccións, lle notificou unha cualificación urbanística, asinada polo arquitecto municipal Julio Vázquez, na que se dicía que toda a parcela onde ubicou a súa casa era núcleo rural.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/evaristo-blanco-derruba-a-sua-casa-de-bamiro/ https://quepasanacosta.gal/roque-unese-as-filas-do-pp-de-vimianzo/

Comentarios