Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un ferido de consideración tras un accidente en Vimianzo

Accidente en Vimianzo-Foto-Bombeiros
Un ferido de consideración tras un accidente en Vimianzo

Esta pasada mañá de domingo, arredor das 7:00h, rexistrábase un novo accidente no km.62,5 da AC552, no termo municipal de Vimianzo. Foi un choque frontolateral entre un vehículos (WW GOLF vermello) e unha furgoneta (WW azul), que se saldaba cun ferido de consideración. As causas do accidente parecen ser unha invasión de carril contrario co resultado de que o condutor do vehículo vermello estaba ferido de certa gravidade

Tiveronque asistir os Bombeiros de Cee para evacualo e ser trasladado ao Hospital Virxen da Xunqueira en Cee. O condutor da furgoneta tiña unha pequena ferida no brazo dereito.
Ao lugar ademais acodiron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e o servizo de mantemento da estrada.

Comentarios