Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Incendio dun galpón en Carantoña

Incendio dun galpón en Carantoña
Incendio nun galpon de Carantona Así quedou o galpón Este mañá, pasadas as 8:45h, o 112 recibía un aviso por un incendio en Carantoña, Vimianzo. Os Bombeiros de Cee, así como Protección Civil e Policía Local de Vimianzo acodían ata o lugar para comprobar que se estaba queimando unen galpón cun vehículo dentro. Parte da estrutura do galpón xa estaba colapsada, e o vehículo puido ser extraído polos veciños e parecía non estar afectado. Os Bombeiros puideron rematar a extinción, refrixerar e sacar os rescoldos de resto de leña que había no interior para sufocar por completo. Antes de marchar os Bombeiros revisan sempre coa cámara térmica para comprobar que a temperatura non representa perigo. Deixaron a entrada balizada porque o teito ten perigo de derrubamento e conseguiron volver á base arredor das 12:30h.

Comentarios