Venres. 29.03.2024
El tiempo

Incendio dunha granxa con animais en Carnés

Incendio dunha granxa con animais en Carnés
incendio cures Esta mañá rexistrouse un complicado incendio nunha granxa con animais en Muíño da Agra, Cures, parroquia de Carnés, Vimianzo. Eran as 10:00h cando xa acodían os Bombeiros de Cee, Garda Civil, e Protección Civil e Policía Local de Vimianzo. Ardiu a planta de arriba e o tellado, ademais de varias máquinas e herba seca, pero afortunadamente non houbo feridos nin morreu ningún animal. O incendio foi sufocado ás 14:30h da tarde.  

Comentarios