Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Unha lareira encendida puido ser a causa do incendio dunha casa en Pasarela

Bombeiros de Cee
Bombeiros de Cee
Unha lareira encendida puido ser a causa do incendio dunha casa en Pasarela

Os Bombeiros de Cee, coa colaboración da Garda Civil, Policía Local Vimianzo e unha Cuadrilla contraincendios, tiveron que acodir para sufocar un incendio este pasado martes, arredor das 12:30h, ao lugar de Pasarela, en Calo, Vimianzo.

Unha vivenda antiga, deshabitada, de pedra por fóra e madeira por dentro, estaba en chamas. Yiveron que empregar unha dotación completa para facer labores de extinción e enfriamento, e mesmo de desescombro para acabar de extinguir as lapas que quedaban.

Segundo os Bombeiros, a posible causa do incendio puido ser de que o dono, que non vive na casa, deixou a lareira prendida, xa que a vivenda tiña unha no seu interior ó tratarse de ser antiga. Afortunadamente só hai que lamentar danos materiais.

Retirada de niños de velutina

Os Bombeiros están tendo un verán completo retirando ducias de niños de avespa velutina. Os últimos no casco urbano de Camariñas e da Ponte do Porto, como vemos na imaxe.

Comentarios