Venres. 29.03.2024
El tiempo

Libros nobles para a Biblioteca Municipal de Vimianzo

Libros nobles para a Biblioteca Municipal de Vimianzo
Manuel Rivas

Boas novas para as arcas culturais vimiancesas. O escritor Manuel Rivas e Isabel López Mariño doarán parte da súa biblioteca persoal ao Concello de Vimianzo.

O vindeiro xoves, día 4 de setembro o escritor Manuel Rivas desenvolverá na Biblioteca Pública Municipal un acto con rapaces e rapazas no que os achegará a súa obra infantil.

No transcurso deste acto o escritor coruñés, con casa en Vimianzo dende fai máis dunha década, entregaralle á Biblioteca Pública Municipal de Vimianzo parte da súa biblioteca persoal.

Diante desta doazón, que estará a disposición de toda a veciñanza, o Concello quere expresarlle ao autor o seu máis sincero agradecemento, xa que é un orgullo que un autor do prestixio de Rivas colabore co Concello de Vimianzo doando parte da súa biblioteca persoal.

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios