Sábado. 19.09.2020
El tiempo

Lucho Penabade: "O Castelo de Vimianzo e as Torres do Allo son os escenarios ideais para as visitas teatralizadas"

Lucho Penabade: "O Castelo de Vimianzo e as Torres do Allo son os escenarios ideais para as visitas teatralizadas"
visitas-teatralizadas-torres-allo Lucho Penabade e Tero Rodríguez, de Os Quinquilláns, son os encargados de realizar as visitas guiadas en Zas e en Vimianzo Coñecer como era a vida séculos atrás e descubrir os agochos de dous dos edificios máis emblemáticos da Costa da Morte son os obxectivos que perseguen o concello de Vimianzo e o de Zas a través dos seus programas de visitas teatralizadas. A compañía teatral Os Quinquilláns encárganse de darlle forma á iniciativa posta en marcha por sendas concellerías de Cultura; con Marta Rei Lema e Manuel García Velo á cabeza. E despois do éxito destes anos, estes días volven as visitas teatralizas ao Castelo de Vimianzo e ás Torres do Allo. A fortaleza vimiancesa terá función hoxe e mañá ás 17 horas e o domingo ás 13 horas. Mentras que no pazo de Zas as visitas teatralizadas son hoxe e mañá ás 13 horas. Nos dous sitios son gratuitas e están abertas a todos os públicos. Lucho Penabade e Tero Rodríguez forman parte do elenco de Os Quinquilláns e son os encargados de darlle vida a estes espazos emblemáticos. A súa compañía formouse en 1989 como grupo de teatro de rúa con temáticas distintas ainda que case sempre históricas. Coa crise viron como ese tipo de espectáculos "caeron en picado" polo que comezaron cas visitas teatralizadas sendo o de Vimianzo un dos primeiros concellos da Costa da Morte que puxo en marcha este tipo de oferta.
  • QPC: Como se comporta o público dunha visita teatralizada?
Lucho Penabade: Á xente gústalle moito ser partícipe. Antes o público era un espectador e hoxe quere participar na función. Por eso, sempre tratamos que interactúe na visita.
  • QPC: Nas vosas visitas teatralizas, hai máis xente da zona ou a maioría son turistas?
Lucho Penabade: Hai un pouco de todo. A min paréceme que en Vimianzo hai máis público turista que xente da zona mentras que nas Torres de Allo é ao revés. Aquí tamén hai programación escolar que usan a visita teatralizada como unha actividade didáctica. 
  • QPC: Que ten de especial actuar en lugares emblemáticos como o Castelo de Vimianzo ou as Torres do Allo?
Lucho Penabade: Para nós son ideais, son os escenarios perfectos. Cando faciamos teatro de rúa tiñamos que superar unha serie de obstáculos como o tráfico, a cantidade de xente, os comerciantes, a ilumación, a sonoridade,... Pero cando traballamos nun espazo como o de Vimianzo ou o de Zas directamente o guión faise cunha dramaturxia concreta o que fai que escribas para o sitio. E desta forma, o guión sempre medra.
  • QPC: Que vantaxas teñen estes escenarios?
Lucho Penabade: Neste tipo de lugares non necesitamos facer ningún tipo de escenografía porque a que hai é insuperable. Temos un fondo de paredes marabilloso, unha sonoridade estupenda,... polo que só nos temos que preocupar de investir na vestimenta. 
  • QPC: Que trasmitides nas vosas visitas teatralizadas tanto do Castelo de Vimianzo como das Torres do Allo?
Lucho Penabade: Hai tres cousas. Unha, que a xente participe. Outra, que o pase ben. E a terceira é que se leve unha idea mínima de que eran aqueles espazos: vestían así, facían este tipo de traballos, relacionabanse así,... Ideas moi pequenas de como era a vida en épocas pasadas.  Novas relacionadas Fonte    

comentarios