Venres. 19.04.2024
El tiempo

Manuel Antelo asegura que "o BNG desprazouse deixando fóra a moita xente"

Manuel Antelo asegura que "o BNG desprazouse deixando fóra a moita xente"
Carlos Aymerich e Manuel Antelo. Imaxe: Europa Press Carlos Aymerich e Manuel Antelo. Imaxe: Europa Press Pouco tardaron as reaccións despois de que Carlos Aymerich anunciase que abandoaba o BNG. Fíxoo tras a XV Asamblea Nacional do Bloque, celebrada o pasado domingo na Coruña, na que Ana Pontón saiu elixida como portavoz nacional. Un dos primeiros en dar a súa opinión ao respecto foi o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, afín a Aymerich.  "Non digo que quedo nin que marcho, digo que o BNG desprazouse deixando a moita xente. Non hai refundación, hai unha reducción do pluralismo e da utilidade política para a sociedade" asegou en declaracións a Europa Press Manuel Antelo. O rexedor vimiancés indicou que "o BNG desprazouse deixando fóra a moita xente" e "moitos militantes terán que repensar a súa situación". Antelo recoñeceu o "carácter democrático" das decisións tomadas pero cuestionou "como se lle explicará á cidadanía que o BNG non quere diálogo con ninguén". Para Antelo, a liña política aprobada este domingo na XV Asamblea Nacional "sitúa ao BNG fóra do Parlmento galego e da relevancia política".  "Non cuestiono a democracia do asunto" e, ao mesmo tempo, precisou que o nivel de asistencia foi "dos máis baixos que nunca se recorda". Unicamente "mil persoas" apoiaron a candidatura liderada por Ana Pontón. Confluencia con En Marea Afíns ao exdepeutado Carlos Aymerich anunciaron que traballarán por una "confluencia electoral con En Marea" para as vindeiras eleccións autonómicas. "Os que non compartimos esa liña e os que non somos nin a UPG nin do Movemento Galego ao Socialismo - que lidera Rafael Villar - estamos obrigados a facer nacionalismo dende outros lugares", asegurou Aymerich despois de anunciar que deixaba o BNG.   Fonte

Comentarios